Convenio para urbanizar en Cima de Vila (Grou)
(27.12.2023) Convenio para urbanizar en Cima de Vila (Grou)
- A Xunta de Galicia inviste preto de 40.000 euros nas obras de urbanización dunha rúa en Cima de Vila, para mellora na accesibilidade e na imaxe da contorna.
- Esta intervención contémplase dentro do convenio de colaboración asinado recentemente pola vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Lobios, Mari Carmen Yáñez.