Entroido en Lobios - 2024
(22.01.2024) Entroido en Lobios
- Achegamos o programa do Entroido, no que as tradicións ancestrais, terán un papel protagonista. Como exemplo, o percorrido dos Follateiros e os Cabreiros, ou o baile da Sanrela cos danzantes de Vilameá e A Devesa.
- Os máis cativos e cativas das Casas Niño, Os Paxariños do Xurés e o Rincón Máxico, conxuntamente cos alumnos do CEIP do Xurés, terán o seu propio desfile, o venres, día 9.
- O martes de Entroido, 13 de febreiro, concurso de disfraces e gran desfile coas agrupacións e participantes individuais, pola Travesía de Lobios, coa amenización da Charanga Bicoia.
CONCURSO DE DISFRACES
CATEGORÍAS E PREMIOS
- Infantís individuais (0-13 anos) . . . Agasallos (1º e 2º clasificados )
- Xuvenís e Seniors individuais (14 anos en adiante) . . . 1º 75€ - 2º 40€
- Grupos ou comparsas (Mínimo 6 persoas). . . 1º 110€ - 2º 90€
Por participar, gratificación adicional de 70 € - Carrozas foráneas (Mínimo 6 persoas) . . . 1º 130€ - 2º 100€
Por participar, gratificación adicional de 70 € - Carrozas de Lobios (Mínimo 6 persoas) . . . 1ª 230€ - 2º 200 €
Por participar, gratificación adicional de 70 €
BASES CONCURSO DISFRACES
Para poder optar á gratificación por participar, tanto de grupos ou comparsas como carrozas, terán que estar previamente inscritas no Concello, póndose en contacto con María (Educadora Social).
O número máximo que poden optar a esta gratificación é de 10, tanto para de grupos ou comparsas como de carrozas. Terase en conta a orde de inscrición dende o 22 de xaneiro ata o 9 de febreiro de 2024.
Achegar o formulario de inscrición, dispoñible nesta web, no Rexistro do concello ou pola sede electrónica, xunto con fotocopia do DNI do representante. Se a agrupación non está inscrita, non poderá optar á gratificación.
Bases do concurso publicadas na Sede Electrónica https://lobios.sedelectronica.gal