Imaxes do ENTROIDO de Lobios
(14.02.2024) Imaxes do ENTROIDO de Lobios
Galería de imaxes do desfile e festa de entroido de Lobios, que contou cun alto número de participantes e agrupacións representando diferentes temáticas cos seus disfraces .
Non faltaron os Follateiros/as, que percorreron todo o concello levando a súa algarabía. Leron os testamentos de entroido que teñen unha antigüidade de 50 anos. Animamos a todos os veciños do concello a participar na recuperación dos seus traxes e máscaras de cara ao próximo ano.
Contamos tamén cos danzantes de Vilameá - A Devesa e o seu fermoso e tradicional baile .
Non quixeron faltar a esta cita, os Cabreiros do Concello veciño de Muíños. Grazas por acompañarnos.
Grazas a todos os participantes por dar cor e diversión a este día de entroido.
Queremos tamén agradecer a os membros de Ges Lobios por velar polo bo desenvolvemento da xornada.
Moitas grazas tamén, a todos e todas os que colaboraron na organización deste evento e aos que nos acompañastes coa vosa presenza, nun día de ledicia, tradición e lecer.
Desfile infantil dos alumnos e alumnas do CEIP do Xurés, acompañados dos peques das Casas niño Os paxariños do Xurés e O rincón máxico.