Amigos da Cociña Galega, en Lobios
(12.03.2024) Amigos da Cociña Galega, en Lobios
- Amigos da Cociña Galega,entidade que promove e preserva o patrimonio da nosa gastronomía, elixiu Lobios para celebrar a súa asemblea anual.
- Un evento que contou coa presenza do presidente do Inorde, Rosendo Luis Fernandez Fernandez, e a presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, Mari Sol Nóvoa, entre outros. O concelleiro Jesús Rodríguez, asistiu en representación do Concello de Lobios.
- A asociación acreditou a incorporación ás súas filas, de dous novos restauradores, sendo o Lusitano, un deles.
- Houbo tempo tamén, para visitar senlleiros lugares do Xeodestino Terra de Celanova-Serra do Xurés, e coñecer distintos proxectos de emprendemento agrogandeiro.