Nova área de servizo para autocaravanas

 

(19.03.2024) Nova área de servizo para autocaravanas

 

  • No concello de Lobios, concretamente en Riocaldo, contaremos, a partir da próxima semana, cunha nova área de servizo para autocaravanas.
  • Un proxecto acollido ao  Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal da Deputación de Ourense,  que contará con 15 prazas para este tipo de vehículos, e que segundo a nosa rexedora, Mari Carmen Yáñez "trátase dun servizo máis, que se pon a disposición dos autocaravanistas, tratando de que todas aquelas persoas que nos visitan dispoñan de un espazo propio, adaptado as súas necesidades, para que poidan desfrutar de tódolos recursos que ofrece o noso concello: termalismo, natureza…”.