Novo vehículo para o GES de Lobios

 

(20.03.2024) Novo vehículo para o GES de Lobios

 

  •  O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, fixo entrega hoxe, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipais Ges Lobios, dun  novo furgón todoterreo 4x2 de servizos varios, que será de utilidade en primeiras saídas en intervencións, sobre todo en zonas de difícil acceso, e na extinción de pequenos incendios.

 

  • Un vehículo que ademais  vai equipado con material de sinalización e emerxencias e cun kit de material de rescate en altura.

Galería