Ourense Strade Termal, éxito de participación e visitantes
Ourense Strade Termal, éxito de participación e visitantes
- A rexedora de Lobios, Mari Carmen Yáñez, acompañada presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e outras autoridades, deu a saída onte, á VII edición da Ourense Strade Termal, que partiu dende o balneario Lobios Caldaria.
- A competición, que está dentro do Calendario Nacional da Real Federación Española de Ciclismo, ofreceu aos participantes dous percorridos: o gran fondo de 110 quilómetros e cun desnivel de 1.800 metros, e un mini fondo de 80 quilómetros con 1.200 metros de desnivel acumulado, dúas distancias con tramos de terra compactada.
- Onte, domingo, preto de 400 amantes da bicicleta, procedentes de 19 provincias diferentes, puideron gozar do “sterrato” en singulares paraxes do Xurés, nos concellos de Lobios e Muíños, e do Gerês, na Cámara Municipal de Montalegre .
- A Ourense Strade Termal, atraeu tamén a moitos visitantes, que quixeron ver o desenvolvemento da proba, gozar da nosa contorna ademais da nosa oferta hostaleira e gastronómica.