Programa para facilitar a Declaración da Renda a maiores de 65 anos
Programa para facilitar a Declaración da Renda a maiores de 65 anos.
O Concello de Lobios e a Axencia Tributaria acordan un convenio para facilitar a presentación da declaración da renda de persoas maiores de 65 anos, por vídeo-asistencia.
- Unha xestión que se facilitará aos veciños, dende as oficinas municipais, para o cumprimento deste trámite anual, que se lles tornaba difícil ou cando menos incómodo, ben por condicionantes de idade ou por dificultades de desprazamento -ata o momento tiñan que acudir á sede da Axencia Tributaria en Celanova.
- Quen desexe realizar a súa declaración da renda mediante este servizo, pode solicitar a cita previa mediante os teléfonos 915 53 00 71 - 901 22 33 44 ou na internet en https://sede.agenciatributaria.gob.es/
- O Concello de Lobios, é pioneiro e case exclusivo, na prestación deste servizo a maiores de 65 anos, en colaboración coa Axencia Tributaria.
- Unha acción máis que se suma ás que se veñen facendo dende as distintas áreas municipais, para facilitar os trámites burocráticos aos nosos maiores.