Concello de Lobios e Xunta de Galicia, avanzan en materia de prevención de incendios
(09.05.2024) Concello de Lobios e Xunta de Galicia, avanzan en materia de prevención de incendios
- A alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez reuniuse coa conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia , María José Gómez, para afondar na colaboración en materia de prevención de incendios forestais.
- Nesta xuntanza, trataron cuestións relacionadas coa negociación da cesión de espazos e terreos por parte do noso concello, para construír unha Base de Unidade Operativa para a loita contra os incendios en Lobios, e exercer como punto de encontro do persoal das brigadas forestais, co fin de que poidan conciliar traballo e descanso.