Lobios participa no proxecto MIXTURANDO
Lobios participa en el proxecto MIXTURANDO
- Mixturando, é un proxecto apoiado polo Limia Arnoia GDR 10 , o GDR Terra e Auga do Condado Paradanta e o asturiano de GDR Camín Real de La Mesa para xerar novas estratexias de valoración do bosque mixto atlántico en Asturias e Galicia.
- Unha iniciativa que se presentou no día de onte, coa presenza de Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia; Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense, rexedores dos concellos adheridos, Lobios, Lobeira, Entrimo, Muiños e Covelo da comarca de Paradanta, entre outras personalidades.
- Este é un proxecto máis, que contribúe, en palabras do Delegado do Goberno, "á creación de modelos de economía verde nas áreas rurais capaces de engadir valor e riqueza para toda a súa cidadanía a través dos seus bosques”.
- Agradecementos ao Concello de Entrimo, e concretamente ao seu alcalde, Ramón Alonso López, pola organización do evento de presentación de Mixturando, e a boa acollida que ofreceu a todos os asistentes.
- Vídeo da presentación . Fonte, canle de Diario La Región