Ludoteca de verán 2024 - Progama de conciliación

Programa conciliación - Ludoteca de verán 2024

 

(14.06.2024) Ludoteca de verán'2024 - Programa de conciliación

 

  • O Concello de Lobios, pon en marcha un ano  máis, a LUDOTECA DE VERÁN, na que poderán participar nenos e nenas de 4 a 14 anos, tendo preferencia os empadroados no concello.

PROGRAMA

* LUDOTECA DE VERÁN. Do 1 de xullo ao 26 de xullo, de 9:00 a 14:00 h

Xogos, Obradoiros - Natureza - Reciclaxe - Igualdade

 

* CAMPAMENTO DEPORTIVO. Do 29 de xullo ao 14 de agosto, actividades de 10:00 a 13:00 h.
Entrada posible dende as 9:00 h, saída posible ata as 14:00 h.

 

* OBRADOIROS.  Do 19 ao 30 de agosto.

Actividades de lecer.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • As solicitudes deberán presentarse, entre o 17 e o 26 de xuño,  na Sede Electrónica do concello ou nas oficinas municipais (María Almeida),  mediante o  formulario que se achega. SOLICITUDE INSCRICIÓN. Prazas limitadas.

 

  • A Ludoteca de Verán, é unha iniciativa máis das que vimos desenvolvendo ao longo do ano, en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, da Xunta de Galicia, para facilitar a conciliación laboral, familiar e persoal, das familias do noso municipio.