Descuberto un novo xacemento arqueolóxico en A Cela (Lobios)
(01.07.2024) Descuberto un novo xacemento arqueolóxico en A Cela (Lobios)
- Na parroquia de A Cela, foi achado un castelo e unha aldea ao seu redor datada nos séculos centrais da Idade Media.
- Un poboado atopado entre outeiros que foi abandonado sen que conste proba documental, aínda que si se recolle na tradición oral.
- O descubrimento, atopado polos arqueólogos Juan Galiña e Breogán Nieto, contempla varias terrazas, estruturas, muros e mesmo un castelo, nunha ampla extensión que se estima nunhas seis hectáreas de terreos titularidade da Comunidade de Montes da Cela.
- O despregamento da intervención arqueolóxica, que está sendo realizada polo equipo de Breogán Arqueoloxía, conta coa colaboración e o financiamento do Concello de Lobios e do GDR Limia-Arnoia.
Medios: