No Salón de Plenos da Casa do Concello é donde se reúne a Corporación Municipal para debatir e votar todolos temas relativos a Lobios e os seus cidadáns.
As sesións poden ser ordinarias, extraordinarias ou extraordinarias urxentes.
Sesións Ordinarias:
Son convocadas polo Alcalde. O Pleno do Concello celebrará sesión ordinaria no Salón de Sesións da Casa Consistorial, cada dous meses, o derradeiro venres dos meses febreiro, abril, xuño, agosto, outubro e decembro, ás 12:00 horas en primeira convocatoria, e dous días naturais despois, á mesma hora, en segunda convocatoria.
Sesións Extraordinarias:
Son convocadas polo Alcalde a iniciativa propia ou a petición de polo menos a cuarta parte dos concelleiros.
Extraordinarias Urxentes:
Son convocadas polo Alcalde pero deben ser ratificadas polo Pleno.
Comisión de Goberno:
Presidida polo Alcalde e con tres membros do Grupo do Partido Popular.
Comisións Informativas de Facenda e Contas, Obras e Urbanismo, Cultura e Deportes:
Presididas polo Alcalde, formadas por dous membros do PP e un do PSOE.