Noticias

(20.03.2017) Subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida (PR604A)

  • As subvencións reguladas nestas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida..

Ver noticia

(14.03.2017) Intervencións que incrementan a seguridade

 
  • En distintas localizacións do Concello realizáronse obras que incrementan a seguridade, tales coma no caso do arranxo nun muro na estrada da Regada, e a colocación de varandas de protección no pobo de Prencibe.

Ver noticia

(14.03.2017) Axudas para a promoción do emprego autónomo 

 
  • A Consellería de Economía, Emprego e Industria, publica as bases reguladoras do Programa de promoción do emprego autónomo e proceder á súa convocatoria para o ano 2017.
  • PROGRAMA I: (TR341D)A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte ós distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.
  • PROGRAMA II: (TR349F) incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Ver noticia

(11.03.2017) A Casa Niño de Lobios en funcionamento

 
  • Co nome "Os paxariños do Xurés", arranca a funcionar a nova Casa Niño de Lobios, que xa presta unha coidadosa atención aos nenos de 0 a 3 anos do noso concello.
  • No día de onte,  a nosa alcaldesa Mari Carmen Yañez, acompañou a nunha visita á Casa Niño, á Directora Xeral de Familia e Infancia, Amparo González Mëndez, e á Delegada Derritorial de la Xunta, Marisol Díaz Mouteira, quens destacaron, que este programa da Consellería de Política permite a conciliación familiar e laboral.

Ver noticia

(08.03.2017) Cursos para preparar o CELGA 1, 2, 3 e 4.

  • Convocatoria, con carácter gratuíto, de cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4.
  • Prazo de presentación da solicitude: 09/03/2017 - 28/03/2017.

Ver noticia

(07.03.2017) Probas para a obtención das Competencias Clave  

 

  • ​Dirixido as persoas que desexen realizar as probas de avaliación e competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Prazos de presentación de solicitudes: 08/03/2017 - 24/03/2017.

Ver noticia

(02.03.2017) Axudas programa Leader e outras

  • Para distintos ámbitos do sector público e privado, informamos de catro liñas de axudas, arestora en vigor:​​
    • TGR802G - Axudas para o fomento do emprendemento en economía social.
    • MR701D - Axudas LEADER. PDR de Galicia 2014-2020.
    • IG501A - Axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020
    • IN421H - Adhesión ao programa de axudas a particulares para proxectos térmicos de biomasa.
       IN421I - Axudas a particulares para proxectos térmicos de biomasa.

Ver noticia

(01.02.2017) Subvención para promover o autoemprego dos galegos retornados da emigración

  • Co obxecto de apoiar o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas e dos seus familiares.
  • Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España se establezan na Comunidade Autónoma galega:
    - As persoas galegas e nacidas en Galicia.
    - Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.

Ver noticia

(23.02.2017) O mercado de traballo medrou na Baixa Limia un 3,5% no último ano

  • Segundo o  Observatorio Económico Ourensán  o mercado de traballo medrou na Baixa Limia un 3,5% no último ano, o mellor rexistro comarcal
  • Os datos foron presentados onte nun acto celebrado na Casa do Concello de Celanova, ao que acudiu a nosa alcaldesa Mari Carmen Yáñez, e que contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar; o profesor da Universidade de Vigo Andrés Mazaira, e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez

Ver noticia

(21.02.2017) Axudas para o cambio de fiestras 

  • Publicadas as bases polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria destinadas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos
  •  O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 1 de marzo e finalizará o 29 de setembro de 2017, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

Ver noticia

(20.02.2017) O campo de fútbol de Lobios conta con nova sala multidisciplinar

 

  • A nova  sala multidisciplinar e multiusos completa os traballos de adecuación das instalacións do  campo de fútbol.
  • O local,  cumprirá, como sala de reunións para que os  deportistas preparen  á súa estratexia de cara aos partidos que teñan que disputar, ou como  punto de encontro e esparexemento. 

Ver noticia

(16.02.2017) Sesión informativa sobre a Administración Electrónica.

 
  • Mari Carmen Yáñez, alcaldesa do noso concello, acudiu onte, xunto cos representantes doutros municipios da provincia, á sesión informativa organizada pola Deputación de Ourense, sobre a Administración Electrónica.
  • A Administración Electrónica, permitirá unha xestión integral dos procesos administrativos dos concellos dun xeito automatizado e minimizando o soporte en papel.

Ver noticia

(15.02.2017) Concurso Lingua de Namorar 2017

  • Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.
  • Para participar no concurso, só tes que premer no botón “Envía as túas mensaxes” da web http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar e cubrir o formulario. Ademais da mensaxe ou mensaxes, cómpre indicar os datos persoais e de contacto.

Ver noticia

(09.02.2017) Convocatoria para as probas libres para a obtención dos títulos da  ESO y  de  BACHALER

 

  • Publicadas  as  resolucións da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para:
    • a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos.
    • a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.

Ver noticia

(31.01.2017) Comisión da Dirección da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gêrés

 
  • A nosa alcaldesa Mari Carmen Yáñez, participou na Comisión da Dirección da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gêrés que tivo lugar o pasado luns.
  • A Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés pretende ser o recoñecemento da necesidade dun esforzo común e articulado de salvagarda dos valores de flora, fauna e paisaxe, que comparten as dúas áreas protexidas, estimulando o desenvolvemento económico sustentable, e fomentando a participación activa dos actores do territorio, promovendo e demostrando unha relación equilibrada entre as poboacións e a natureza.

Ver noticia