Noticias

(12.04.2017) Axudas para a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal e a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade.(BS613B)

 

  • Publicadas as bases reguladoras da convocatoria pública para a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva e de carácter non periódico.

​​

Ver noticia

(11.04.2017) Nova ruta de sendeirismo: Ruta dos Castelos

 
  • O pasado sábado quedou inaugurada a Ruta dos Castelos, un novo trazado de sendeirismo, desenvolvida por Axuge, a Asociación Xuresianos-Geresianos. 
  • O presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices, e a alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, acompañados dunhas de cincuenta persoas, non se quixeron perder a oportunidade de percorrer os oito quilómetros e medio da ruta, que transcurre por unha paisaxe de gran beleza.

Ver noticia

(10.04.2017) Prohibición de facer queimas

 
  • A Consellería de Medio Rural, publica con data de hoxe e ata novo aviso, a prohibición de facer queimas en terreos agrícolas, forestais ou naqueles situados en zonas de influencia forestal.

Ver noticia

(10.04.2017) "Bono coidado", Programa de axudas económicas a familias para a atención a domicilio de nenos/as menores de 3 anos (BS412A)

 

  • O "Bono coidado" consiste nunha axuda económica para familias con nenos e nenas menores de tres anos, que precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir as necesidades puntuais derivadas da conciliación.
  • É unha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio nuns supostos determinados: enfermidade do/a menor, da persoa coidadora habitual, asistencia a entrevistas de traballo ou situacións laborais de carácter puntual que impidan a atención da nena ou neno polos membros da unidade familiar.

Ver noticia

(06.04.2017) O concurso "Cubre o teu pasaporte Galicia Natural e única" premia ao gañador cun paquete turístico "Experiencia no Xurés" 

  • A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de poñer en marcha o concurso Cubre o teu pasaporte Galicia Natural e única, co que se pretende promocionar o patrimonio natural e cultural da Comunidade galega a través das redes sociales.
  • O concurso consiste en completar a totalidade de cuños que acrediten que os usuarios visitaron cada un dos sete parques de Galicia (os seis naturais: Fragas do Eume, Monte Aloia, Serra da Enciña da Lastra, Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, Baixa Limia- Serra do Xurés, O Invernadeiro e o Parque Nacional de Illas Atlánticas) e a primeira persoa que envíe a copia do mesmo, será o gañador do paquete turístico Experiencia no Xurés, co que poderá recorrer este zona en biciclera ou a pé, gozar das beiras do río Caldo, unha ruta pola contorna do Embalse de Salas, ou coñecer as aldeas escondidas do Xurés.

Ver noticia

(06.04.2017) Programa de incentivos á contratación indefinida inicial de parados de longa duración (TR349R)

  • A Consellería de Emprego e Industria, habilita un programa de incentivos, coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo
  • Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais realizadas con persoas desempregadas paradas de longa duración que se formalicen desde o día 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambas inclusive

Ver noticia

(05.04.2017) Turismo de Galicia invertirá 59.500 euros no acondicionamiento do entorno da ermida  de Santa Lucia

 
  • Onte, a directora xeral de Turismo, Nava Castro, asinou  un convenio de colaboración coa alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, para o acondicionamento da área da ermida de Santa Lucía, na contorna de Río Caldo.
  • O proxecto combinará a revalorización do patrimonio histórico dentro dun entorno de alto valor paisaxístico e termal, con actuacións que van dende as obras de rehabilitación ata actividades culturais, para dinamizar o turismo da zona.

Ver noticia

(04.04.2017) Pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos

 
  • Publicadas as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o ano 2017.
  • A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
    a) Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
    b) Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
    c) Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
  • Prazo de presentación de solicitudes: Do 04/04/2017 ao 26/05/2017.

Ver noticia

(03.04.2017) Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).

  • A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, convoca en réxime de concorrencia competitiva unha liña de axudas aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A) 
  • Estas subvencións están incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020
  • Prazo de presentación de solicitudes: do 01/04/2017 ao 02/05/2017.

 

Ver noticia

(02.04.2017) Axudas destinada á compra de maquinaria e equipamento para empresas que desenvolvan actividades non agrícolas

  • A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería de Medio Rural, é un dos órganos xestores dos fondos FEADER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural) destinados, entre outros, ao fomento da actividade empresarial, a diversificación económica e á creación de emprego no medio rural de Galicia.
  • No mes de abril publicarase no DOG a convocatoria de axudas destinada á compra de maquinaria e equipamento para empresas que desenvolvan actividades non agrícolas.

Ver noticia

(31.03.2017)  Convocatoria para a realización das probas físicas e de agudeza visual de  persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais

 
  • As probas físicas e de agudeza visual dos aspirantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga, realizaránse os vindeiros 18 e 19 de abril.
  • Na provincia de Ourense, o lugar será no Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía, As Lagoas; s/n, Ourense.

Ver noticia

(30.03.2017) O Igape e a EOI ofertan prazas en 7 espazos coworking en distintas localidades galegas

  • As prazas están destinados a emprendedores cun proxecto empresarial en fase inicial de desenvolvemento ou empresas de recente creación.
  • Durante o proceso de formación que terá unha duración de 5 meses, os emprendedores participan en talleres orientados a validar o modelo de negocio, reciben apoio de mentores e poden asistir a distintos eventos que facilitan a posta en marcha e/ou consolidación do proxecto.

Ver noticia

(28.03.2017) Axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura

 
  • Publicadas as bases que establecen, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura para o ano 2017 (código de procedemento MR506A, MR506B)
  • Prazo de presentación de solicitudes : 29/03/2017 - 28/04/2017.

Ver noticia

(23.03.2017) Axudas para proxectos de enerxías renovables.(IN421A)

  • O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para o quecemento dun fluído mediante equipamentos que utilicen como fonte enerxética a xeotérmica, aerotérmica ou a solar térmica.
  • Prazo de presentación de solicitudes: do 24/03/2017 ao 24/04/2017.

Ver noticia

(22.03.2017)  Axudas a particulares para proxectos térmicos de biomasa.(IN421I)

  • O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible.
  • Prazo de presentación de solicitudes: 24/03/2017 - 24/04/2017.

Ver noticia