(10.12.2019) "Semente de vida"
- Dentro do programa desenvolto no noso municipio, para a erradicación da violencia de xénero, levouse a cabo esta actividade, que consistiu na plantación de especies autóctonas do noso parque natural, facendo unha analoxía de "sementar vida" e rematar coa lacra dos ataques machistas.
- O grupo implicado foi multixeracional, contando coa participación de escolares e docentes do CEIP do Xurés, persoal do Parque Natural e do noso concello