Noticias

(01.12.2017) Así foi a Xornada de Sensibilización Ambiental

  • O edificio Multiusos do noso concello, acolleu onte a xornada de Sensibilización Ambiental dirixida ao sector da hostalería.
  • A presentación, correu da man de Ovidio Fernández Ojea, Presidente da Asociación de Hostalería de Ourense, que fixo fincapé na importancia da optimización dos recursos e a hábil xestión dos residuos, nun sector cada vez máis concienciado nelo.

Ver noticia

(30.11.2017) A capela de Santa Lucía recupera o seu esplendor.

  • Finalizan as obras de rehabilitación da Capela de Santa Lucía. Nesta actuación, ademais de restaurar a estrutura do templo, interveuse na humanización contorna, lugar de paso do  roteiro termal.
  • Veciños e visitantes poderán gozar dos atractivos desta zona, próxima á área termal, de gran valor patrimonial, á que sumar  o recente descubrimento dun  miliario e históricas pedras labradas.

Ver noticia

(20.11.2017) Inicio da Escola de Fútbol Sala

 
  • O próximo sábado 25 de novembro, ás 10:00 hs. dará comezo o curso da Escola Deportiva de Fútbol Sala, no Pavillón de Deportes de Lobios.
  • O monitor desta actividade será Yannick.

Ver noticia

(18.11.2017) Once concellos do Gerês-Xurés promocionarán unidos o turismo sustentable

 

  • As liñas de cooperación déronse a coñecer onte na xornada  de presentación do proxecto "Gerês-Xurés dinámico", no Pazo de Vilamarín.
  • O obxectivo do programa é a promoción e dinamización da reserva da biosfera Gerês-Xurés, que recollen seis municipios ourensáns, entre eles Lobios, e cinco de Portugal

Ver noticia

(14.12.2017) As xornadas de tracción animal en imaxes

 

  • O pasado fin de semana, tivo lugar en Lobios, un taller práctico de utilización da tracción animal en traballos de xestión forestal e tarefas agrícolas, promovido por a Asociación Galega de Tracción Animal – Á Molida
  •  Presentamos unha galería de imaxes que resumen o que deron de si estas xornadas que contaron cunha alta participación de agricultores e outros  interesados na materia.

Ver noticia

(12.11.2017) O noso Magosto en imaxes

 
  • Un pequeno percorrido en imaxes da celebración do Magosto de Lobios, que mostra o ben que o pasamos nesta festa que xunta a familia e veciños ao redor dunha fogueira.
  • Degustamos sinxelas viandas que se convirten en deliciosos manxares polo entrañable ambiente que se crea.

Ver noticia

(10.11.2017) Novas beirarrúas en A Vila

 
  • A localidade de A Vila conta xa con novas beirarrúas e senda peonil.
  • As obras, rematadas nestes días, melloran considerablemente a accesibilidade e a seguridade dos veciños, e  do tránsito peonil en xeral.

Ver noticia

(06.11.2017) Lobios terá unha nova área recreativa que contará con flora autóctona do Xurés

 
  • Iniciáronse as obras de construción, dunha nova área recreativa na vila de Lobios, que servirá de zona de esparexemento, mostra do patrimonio natural do Xurés e porta de benvida aos visitantes.
  • Este novo entorno sitúase ao carón da piscina municipal e da sede do Parque Natural do Xurés.

Ver noticia

(02.11.2017) Axudas para reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados e por danos nas explotacións agrícolas e gandeiras ocasionados polos incendios forestais (Procedemento MR616A)

 

  • Convocatoria de  axudas, en réxime de concorrencia non competitiva por rateo, destinadas á reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados e por danos a explotacións agrícolas e gandeiras afectadas polos incendios, no eido competencial da Consellería do Medio Rural.
  • Prazo de presentación de solicitudes: do 31/10/2017 ao 30/11/2017)

Ver noticia

(02.11.2017) Periodo medio de pago, terceiro trimestre 

 

  • Período medio de pago, do segundo trimestre de 2017, a proveedores deste Concello.

Ver noticia

(02.11.2017) Taller práctico de tracción animal

  • ​Obxecto: Formar e explicar aos diferentes colectivos do medio rural das vantaxes da utilización da tracción animal para a realización de tarefas de  xestión forestal sustentable e agrícolas
    Destinatarios: Comunidades de montes, Empresas forestais, propietarios de terreos forestais e /ou agrícolas; Gandeiros… 
    Localización: Sede do Parque Natural do Xurés – Lobios
    DURACIÓN: 3 dias
    DATAS: Dende o venres 10/11/2017 ata o domingo, 12/11/2017

Ver noticia

(02.11.2017) Reparación da N-540 ao seu paso por Lobios

 
  • A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da  Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), inicia as obras de reparación do firme da estrada N-540 entre Ourense e a fronteira portuguesa.
  • Esta intervención beneficiará en gran medida ao Concello de Lobios, xa que se investirán 240.000 euros na rehabilitación do tramo entre o encoro das Conchas e o viaduto sobre o río Limia 

Ver noticia

(02.11.2017) Rehabilitación do forno comunal de Guende

 
  • O Concello de Lobios está a rematar as obras de rehabilitación do forno comunal de Guende, na parroquia de San Paio de Arauxo.
  • Esta intervención, forma parte da liña de axudas para a recuperación do patrimonio e posta en valor da paisaxe tradicional, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia

Ver noticia

(16.10.2017) Accións formativas subvencionadas  na Fundación Coren

 
  • A Fundación Coren, na súa liña de actuación no ámbito da formación, desenvolve nas vindeiras datas cursos de temática agrogandeira.
  • Os cursos programados para outubro, novembro e decembro son: Benestar animal en explotacións, Aplicador de Fitosanitarios (básico e cualificado) e Incorporación á empresa agraria: gandería sen terra.  

Ver noticia

(11.10.2017) Lobios acolleu a primeira Xuntanza de Abelleiros da Baixa Limia

 
  • O pasado sábado, 7 de outubro, no local Multíusos do Concello de Lobios, celebrouse a Primeira Xuntanza de Abelleiros da Baixa Limia.
  • Os asistentes, máis de 50 apicultores, participaron en sesións de carácter técnico sobre tratamentos ou tipos de mel que se poden producir, entre outros temas. Tamén se profundou sobre o proxecto  "Destino Xurés", co que o  Concello  de Lobios pretende incrementar o turismo poñendo en valor os produtos autóctonos, estimulando con elo a economía local.

Ver noticia