Noticias

(24.01.2018) Convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO) para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro (Procedemento ED540A)

 
  • Prazo de presentación de solicitudes: 
    • Convocatoria de maio:12/03/2018 - 23/03/2018
    • Convocatoria de setembro: 2/07/2018  -  09/07/2018
  • Máis información

Ver noticia

(20.01.2018) Planificando novos proxectos de colaboración coa Deputación de Ourense

 
  • No día de onte, recibimos a visita de José Manuel Baltar, Presidente da Deputación de Ourense. Xunto coa nosa Alcaldesa, percorreu os terreos da futura residencia xeriátrica, a área de Riocaldo e a Porta de Lobios entre outros lugares da nosa contorna
  • O encontro, serviu tamén, para abordar novas vías de colaboración para este 2018, con énfase nun novo proxecto  que mellorará a área  termal e turística do noso Concello. 

Ver noticia

(11.01.2018) Bono de aluguer social do plan rehavita. (Procedemento VI482A)

  •  Publicadas as bases reguladoras polas cales se rexerá a concesión das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan rehaVIta, Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.

Ver noticia

(05.01.2018) Subvención destinada a asociacións veciñais de Galicia (Procecemento PR487A)

  • As subvenciones reguladas por estas bases teñen por obxecto o outorgamento de axudas específicas para investimentos destinadas ás entidades a que se refiren as bases, coa finalidade de contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal.

Ver noticia

(05.01.2017) Próxima convocatoria de axudas de AGADER para a ampliación e modernización de empresas non agrarias 
 

  • Agader a través do DOG publicará o 29 de xaneiro de 2018 unha nova  convocatoria de axudas dirixida á "Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias", dentro da medida 6.4 "Investimentos en actividades non agrarias" do PDR de Galicia 2014-2020

Ver noticia

(03.01.2017) Investiranse 350.000 euros na mellora da rede de auga no concello de Lobios

 
  • Está en marcha un proxecto que mellorará a rede de subministro de auga nas localidades de  Vilameá, A Devesa, San Paio, Torneiros e Esperanzo, seguindo os pasos que se levaron a cabo xa en Puxedo, Xendive e Lobios.
  • O investimento, de 350.000 euros, financiados a través dos Fondos de Compensación Ambiental, permitirá a captación de auga, así como a mellora da distribución, garantindo o abastecemento a vivendas e negocios nas zonas de actuación.  

Ver noticia

(29.12.2017) Tarxeta Benvida - Axuda para os nenos/as nados durante o 2018 

  • Esta axuda económica está destinada ás familias con nenas ou nenos nados durante o ano 2018, co fin de  contribuír a sufragar os gastos derivados da súa crianza durante o primeiro ano de vida.
  • Esta axuda instrumentalízase a través do cartón benvido, cuxo obxectivo é adquirir produtos básicos para a nena ou neno, como leite e outros alimentos infantís, cueiros, roupa, artigos de paseo e de viaxe, produtos de hixiene infantil ou produtos farmacéuticos;  unicamente, poderá ser empregada en farmacias,  parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e  establecimentos de  puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia

Ver noticia

(20.12.2017) O proxecto "Raia Termal", potenciará o turismo baseado na natureza e o termalismo

  • O Foro La Región, acolleu esta semana, a presentación do proxecto Raia  Temal, no que catro concellos da provincia de Ourense (Lobios, Bande, Cortegada e  Muíños) e os municipios portugueses,   Melgaço e Terras  do  Bouro, se  alían co propósito de potenciar o turismo baseado na natureza e o termalismo.

Ver noticia

(20.12.2017) A Fundación San Rosendo construirá unha residencia xeriátrica en Lobios

 
  • Está previsto que as obras de construción do centro asistencial, se inicien na próxima primavera, cunha duración aproximada de 12 / 18 meses. 
  • Estará situada no centro de Lobios,  nuns terreos cedidos polo concello, e terá capacidade para asistir a 80 persoas dependentes.

Ver noticia

(19.12.2017) Inicio do Transporte Público Baixo Demanda
 

  • Desde o 21 de decembro, co inicio das vacacións escolares, máis e novos servizos de transporte empezan a funcionar baixo demanda.
  • Reserva a túa praza ata as 20 horas do día laborable anterior. no teléfono 988 68 78 00.

Ver noticia

Actividades de Nadal

 
  • O Concello de Lobios, coa colaboración da Deputación de Ourense, organiza as actividades deste Nadal, para goce de cativos, veciños e visitantes.

Ver noticia

(13.12.2017) A mellora das pistas de San Paio de Araúxo rematará no 2018 

 
  • O proxecto inclúe a construción dunha nova ponte, reforma das pontes existentes, a mellora dos camiños actuais e habilitación de novas pistas forestais, que facilitarán os accesos aos gandeiros da zona, así como aos servizos de emerxencia e extinción de incendios. Ata o de agora, os traballos centráronse na rehabilitación da pista central e reconstrución das pontes
  • . A intervención finalizará no 2018, segundo a Consellería de Medio Rural, e terá un custe total de 500.000 euros

Ver noticia

(03.12.2017) Presentación da ruta de pinchos "Sabores do Xurés"

 
  • Entre os días 6 e 10 de decembro, establecementos de Lobios e Entrimo, participarán na ruta de pinchos "Sabores do Xurés".
  • Hoxe, tivo lugar a presentación desta ruta de pinchos, na que os establecementos participantes, mostraron as súas propostas ante representantes, do Concello de Lobios e Entrimo, das asociacións que colaboran no evento e  do sector da hostalería. Estes foron: Carlos (Asociación Empresarios de Lobios), Domingo (cociñeiro Balneario de Lobios), Beatriz (Asociación Cultural de Entrimo), Mari Carmen (Alcaldesa de Lobios), Ramón (Alcalde de Entrimo), Montse (Directora de Caldaria), Javier (Restaurante Lusitano) e Cristina (Asociación Empresarios de Lobios).

Ver noticia

(03.12.2017) Misa e concerto na honra de Santa Cecilia 

 
  • Na tarde de hoxe, celebrouse unha misa para honrar a  Santa Cecilia, patroa dos músicoa, na igrexa de San Miguel de Lobios. 
  • Tras a homilía, a Banda de Música de Lobios, ofreceu un concerto de varias pezas, para goce dos asistentes.

Ver noticia

(02.12.2017) Mellora da rede de abastecemento de auga

 
  • Rematados os traballos para a mellora da rede do abastecemento de auga en Lobios.

Ver noticia