Noticias

(27.03.2019) REFORMA-TUR: Axuda do IGAPE para a adquisición de materiais para reforma de establecementos hoteleiros (Procedemento IG259)
 

  • Axudas destinadas a incentivar a adquisición de materiais para a reforma de establecementos hoteleiros en Galicia, co fin de incrementar e incentivar a compra e tratar de repercutir con ela nos sectores industriais, comerciais e turísticos galegos.
  • Prazo de presentación de solicitudes, ata o 30/05/2019

Ver noticia

(04.03.2019) Lobios partícipe do proxecto "Fronteira esquecida"

 
  •  Tres son os proxectos que serán sufragados nun 75% polos fondos FEDER, que actuarán no desenvolvemento económico e sostible da provincia de Ourense.
  • O noso concello participará nun deles, denominado "Fronteira esquecida", que desenvolverá actuacións nos ámbitos medio ambiental e turístico, poñendo o foco na conservación do patrimonio natural e cultural da nosa contorna, como activo económico. 

Ver noticia

(03.03.2019) A Deputación de Ourense apoiará o proxecto de  desenvolvemento  da área termal de Rio Caldo

 
  • Mari Carmen Yáñez, alcaldesa de Lobios e representantes da fundación San Rosendo-Caldaria, presentaron ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, un proxecto de rehabilitación e desenvolvemento da área de Rio Caldo, que porá a Lobios, nun lugar de referencia termal.

Ver noticia

(26.02.2019) Próxima rehabilitación das prazas de Bubaces e A Vila 

 
  • A Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez e a nosa alcaldesa, Mari Carmen Yáñez, asinaron onte un convenio de colaboración, que permitirá a rehabilitación das prazas de Bubaces e A Vila.
  • As obras, orzamentadas en 40.000 euros, licitaranse no mes de marzo, cun prazo de execución de tres meses.

Ver noticia

(29.01.2019) Axudas publicadas no DOG nº20 do 29.01.2019

 
  • Difundimos axudas de distintos estamentos, publicadas no DOG de hoxe, 29.01.2019

Ver noticia

(28.01.2019) Axudas para a Promoción do emprego autónomo; Axudas autónomos contratación indefinida de persoas asalariadas....
 

  • Difundimos  Axudas Consellería de Economía, Emprego e Industria (Promoción do emprego autónomo; Axudas autónomos contratación indefinida de persoas asalariadas, fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación...

Ver noticia

(25.01.2019) Axudas da Xunta de Galicia

 
  • Achegamos información relativa ás subvencións e axudas de diferentes coberturas que publicou a Xunta de Galicia no DOG e están en vigor na actualidade. 

Ver noticia

(22.01.2019) Despregamentos de redes ultrarrápidas de acceso a Internet 
 

  • No núcleo poboacional de LOBIOS están en curso as actuacións que permitirán o acceso redes ultrarrápidas de acceso a Internet que a Xunta de Galicia, co Plan de Banda Larga 2020, e a Administración Xeral do Estado, co Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración, están a promover de xeito complementario.

Ver noticia

(17.01.2019) Recuperación dos lavadoiros de Lobios

 
  • O Concello de Lobios no seu ánimo de recuperar os bens de valor etnográfico e cultural do noso patrimonio, ven de rematar as obras de rehabilitación das fontes e lavadoiros das localidades de Barreal e Quintás, que volverán ao seu esplendor doutras épocas, onde eran concorridos puntos de encontro.

Ver noticia

(14.01.2019) Lobios cede os terreos para a futura residencia xeriátrica

 
  • Lobios avanza no proceso da creación da nova residencia xeriátrica na capitalidade do concello.
  • Os terreos onde se construirá, de propiedade municipal, están en trámite de cesión á Fundación San Rosendo, quen investirá máis de 2.5 millóns de euros neste centro

Ver noticia

(12.12.2018) Encontro da conselleira de Medio Rural cos alcaldes  do Xurés 

  • A Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, reuniuse cos alcaldes dos concellos do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Estes transmitíronlle as inquedanzas sobre o desenvolvemento do Plan de Xestión do Xurés.
  • Ángeles Vázquez, puido confirmar que a pasarela de 18 mts. que irá sobre o río Vilameá (Lobios), xa está construída, e que se instalará en canto a metereoloxía o permita. ​Esta instalación que ven sendo moi demandada pola nosa alcaldesa, permitirá, sen dúbida, incrementar o número de visitantes ao noso concello

 

Ver noticia

(01.12.2018) Celebración da Santa Cecilia

 
  • Na igrexa parroquial de Lobios, celebrouse hoxe unha misa na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos.
  • Con este motivo, a Banda de Música de Lobios ofreceu un concerto que fixo as delicias de tódolos asistentes.

Ver noticia

(31.10.2018) Destino XURÉS da man de Cali

 
  • DESTINO XURÉS, é un proxecto común dos concellos de Lobios, Lobeira, Muíños e Bande, no que conflúen, a riqueza do patrimonio cultural e natural da nosa contorna,  coas novas tecnoloxías.
  • Co fin de promover o coñecemento do noso patrimonio, crease unha aplicación interactiva, con realidade aumentada, imaxes 360º... complementado cunha guía virtual, chamada Cali, que nos ofrecerá un tour informativo da zona. 

Ver noticia

(19.10.2018) Plan de ordenación e  accesibilidade dos bens de interese cultural e turístico do Xurés
 

  • A través das subvencións a entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas no medio rural, os concellos de Lobios, Bande, Lobeira e Muíños realizaron unha agrupación de concellos co obxectivo de crear unha nova Ruta turística que poña en valor o patrimonio cultural e histórico da zona, ofrecendo ós visitantes unha alternativa aos produtos de turismo de natureza que ademais, se poida comercializar ó longo de todo o ano.

Ver noticia