Actuación de rehabilitación de tres lavadoiros nas aldeas de Pazos, Cimadevila e Grou, no concello de Lobios (Ourense).
- Ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito dos parques naturais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 8 do 13 de xaneiro de 2022), o concello de Lobios realizou a obra de “Rehabilitación de tres lavadoiros, no concello de Lobios (Ourense)”. Estas actuacións realizáronse nos pobos de Cimadevila e Pazos en Lobios e no Cruceiro de Grou.