Noticias

(09.08.2023) Confraternización co municipio luso de Ponte da Barca

 
  • O pasado luns, unha representación do noso concello, encabezada pola rexedora, Mari Carmen Yáñez, foi recibida no municipio luso limítrofe de Ponte da Barca. O obxecto principal do encontro foi o recoñecemento e confirmación dos límites fronteirizos, fito que quedou reflexado nunha acta formalizada ao efecto. 

Ver noticia

(21.07.2023) O verán, en Lobios

 
  • Programa de verán repleto de actividades de lecer para gozar no noso municipio: música, cinema, teatro, andainas, exposicións .... e diversión, moita diversión. 
    Quédate en Lobios! Vén a Lobios! porque #Lobiosnonpara !!

Ver noticia

(04.07.2023) Acondicionamento das instalacións das piscinas municipais

 
  • As piscinas municipais reciben a nova tempada con novidades nas súas instalacións,:
    • Máis antucas e novas árbores aportando máis zonas de sombra.
    • Novo mobiliario nos vestiarios (bancos e colgadoiros) para maior comodidade á hora da muda.
    • Instalación de armarios metálicos con chave para gardar as pertenzas de xeito seguro. (Solicitar información sobre o seu uso na recepción).
       
  • Estas melloras dan resposta,  por parte do Concello de Lobios, a suxestións realizadas por  usuarios e usuarias deste emprazamento e,  sen dúbida,   axudarán a gozar da piscina e do verán, con maior  comodidade.

Ver noticia

(04.07.2023) Cursos de NATACIÓN
 

  • Nas piscinas municipais do noso concello daranse un ano máis, CURSOS DE NATACIÓN dirixidos a:
        -NENOS e NENAS da LUDOTECA  DE VERÁN, os martes e xoves, de 12:30 a 13:30h

        -ADULTOS/AS, de 12:30 a 13:30h,  os días:
    • Julio: 17 (luns),  19 (mércores), 31 (luns).
    • Agosto:   2 (mércores),  14 (luns), 16 (mércores), 28(luns), 30 (mércores)
    • Nesta quenda é  preciso formalizar a inscrición nas oficinas municipais (preguntar por María). Prazas limitadas.
  • Os clases de natación non terán custo para os participantes.

Ver noticia

(03.07.2023) PISCINAS MUNICIPAIS: Inicio da nova tempada

 
  • O mércores, día 5 de xullo, darase inicio á nova tempada nas piscinas municipais de Lobios.
  • As instalacións abrirán de luns a domingo, en horario de 12:30 a 20:30 h.

Ver noticia

(29.06.2023) A PORTA DE LOBIOS abre ao público

  • A PORTA DE LOBIOS, inicia a nova tempada o día 4 de xullo de 2023, en horario de mañá e tarde, de martes a domingo, de 10:30 a 14:00h e de 17:00 a 20:30h.
  • A Porta de Lobios, integrada nas Portas do Xurés , é Centro de Interpretación da Flora do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés , ademais de prestar información turística aos visitantes que se achegan a coñecer este senlleiro enclave.
  • Porta de Lobios - Biblioteca Municipal - Estrada de Portugal, 25 Lobios - T. +34 988 44 80 00

Ver noticia

(19.06.2023) Mellora do alumeado público

 
  • O alumeado público da vía de acceso a Lobios e da localidade de Fondevila, está a  ser mellorado coa instalación de lámpadas led.
  • Esta actuación persegue optimizar a eficiencia enerxética, reducindo o gasto  e o consumo, ademais  do impacto no medio ambiente.
  • Un cambio de tecnoloxía ao que paulatinamente se unirán outras localidades do noso municipio. 

Ver noticia

  • (19.06.2023) Fin de curso 2022/2023-Programa de conciliación
    Os alumnos inscritos no programa de conciliación, promovido polo Concello de Lobios, celebraron o remate do curso 2022/2023. Unha festa na que non faltaron viandas varias e divertidas actividades, para dicirse un "ata logo" e desexarse bo verán.

     

Ver noticia

(16.06.2023) En agosto, visitas teatralizadas en Lobios

 
  • As visitas teatralizadas son unha proposta da Asociación Platea Lúa que conta  co patrocinio da Deputación de Ourense,  para divulgar, dun xeito xenlleiro, lugares  de interese turístico da nosa provincia,
  • Visitantes, turistas e veciños, poderán asistir a 25 visitas teatralizadas, que están calendarizadas para os meses verán.
  • O día 11 de agosto será a quenda de Lobios, onde haberá a oportunidade de coñecer ou profundizar sobre o noso patrimonio cultural e turístico.

Ver noticia

(16.06.2023)  "Coidados porta a porta", de novo en Lobios

  • A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia continúa co programa COIDADOS PORTA A PORTA, que percorre todos os concellos de Galicia para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.
  • Os días 13, 14, 17 e 18 de xullo de 2023, o servizo COIDADOS PORTA A PORTA  estarán de novo no noso concello, no estacionamento da entrada de Lobios. E o día 12 de xullo, haberá unha charla sobre os COIDADOS DO OÍDO, no edificio multiusos de Lobios.
  • Para a prestación deste servizo, é preciso  solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.


    Ver Tríptico informativo do Servizo Porta a Porta

Ver noticia

(16.06.2023) Ludoteca de verán de LOBIOS - programa de conciliación

 
  • O Concello de Lobios, pon en marcha un ano  máis, a LUDOTECA DE VERÁN "Ti máis eu xogamos ao mesmo", na que poderán participar nenos e nenas de 4 a 14 anos, empadroados no concello.
  • As solicitudes deberán presentarse no rexistro do concello,  entre o 20 e o 28 de xuño, mediante o  formulario que se achega. SOLICITUDE INSCRICIÓN

 

  • A Ludoteca de Verán, é unha iniciativa máis das que vimos desenvolvendo ao longo do ano, en colaboración coa Consellería de Promoción, Emprego e Igualdade, da Xunta de Galicia, para facilitar a conciliación laboral, familiar e persoal, das familias do noso municipio.

Ver noticia

(12.06.2023) Senda Bubaces-Torneiros, rematada a segunda fase.

  • A senda peonil Bubaces-Torneiros, vén de incrementar o seu trazado, tras o remate das obras da segunda fase de habilitación.
  • Unha aposta máis deste concello, que xunto coa Axencia Galega de Infraestruturas, incide na seguridade das comunicacións entre os núcleos do concello, especialmente nunha área de gran interese turístico pola súa oferta termal.
  • Este enlace peonil, invitará tanto a veciños como a visitantes, a gozar da nosa contorna dun xeito seguro e saudable.

Ver noticia

(03.04.2023) Compostela, máis accesible.

 
  • Compostela vén de ser remozado cunha obra que mellora a accesibilidade, a recollida de augas pluviais  e a estética do seu núcleo, utilizando materiais en liña coa contorna.
  • Unha intervención que dá continuidade ao  proxecto que está a desenvolver  este concello,  para embelecer  e humanizar os nosos pobos, mantendo o equilibrio entre a modernización e a súa conservación.

Ver noticia

(31.05.2023) Programa pioneiro para facilitar a declaración da renda a maiores de 65

  • O Concello de Lobios e a Axencia Tributaria acordan un convenio para facilitar a presentación da declaración da renda de persoas maiores de 65 anos, por vídeo-asistencia.
  • Unha xestión que se facilitará aos veciños, dende as oficinas municipais,  para o cumprimento deste trámite anual, que se lles tornaba difícil ou cando menos  incómodo,  ben por condicionantes de idade ou por dificultades de desprazamento -ata o momento tiñan que acudir á sede da Axencia Tributaria en Celanova-.

Ver noticia

Ver noticia