- Ao abeiro da RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU300A)(DOG, núm 56 do mércores, 24 de marzo de 2.021), o concello de Lobios realizou a obra de “Adecuación de ETAP e de instalación de bombeo en alta e en baixa no concello de Lobios”
Esta actuación cun investimento aprobado de 51.630,24 euros recibiu unha axuda de 50.000,00 euros e, foi financiada no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.