(05.12.2023) Susana Seivane elixe Lobios para o seu último traballo audiovisual
- A popular gaiteira galega, Susana Seivane, culminou a gravación do seu máis recente videoclip, "NON É NON", no senlleiro pobo de Aceredo.
- O videoclip foi dirixido polo actor e director Rubén Riós a través da súa produtora Claqueta Coqueta.
- O diñeiro recadado durante o primeiro ano de visualizacións será destinado apoiar a unha organización adedicada a mulleres vítimas de violencia de xénero.