(24.05.2017) O Xurés no Día Europeo dos Parques Naturais
- O 24 de maio é a data elixida para celebrar o Día Europeo dos Parques Naturais, en conmemoración da declaración do primeiro parque nacional europeo en Suecia , nese mesmo día do ano 1909.
- A Xunta de Galicia súmase ás entidades que conforman a organización Europac, que, baixo o lema ‘Cambia o parque, cambia o clima’, propón unha serie de actos que promoven a importancia dos parques naturais na loita contra o cambio climático.