Noticias

(01.08.2017) Bono das persoas autónomas

 
  • A Subvención do BONO DO AUTÓNOMO, da Xunta de Galicia, concederase para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde unha subvención, mediante pagamento anticipado, de ata 3.000 euros
  • Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 31 de agosto de 2017

Ver noticia

(26.07.2017) LLEGA800, entidade xestora das incidencias na recepción da TDT (Televisión Dixital Terrestre)

  • Finalizado o recente proceso do Dividendo Dixital polo que se producía unha liberación da banda de 800MHz, os operadores de telefonía móbil que resultaron adxudicatarios da devandita banda van comezar o despregamento da rede 4G nas frecuencias que antes utilizaba o servizo de televisión.

 

Ver noticia

(26.07.2017) Decálogo de boas prácticas na xestión dos residuos durante as vacacións de verán

 
  • Desde Sogama achegámoslle un decálogo de boas prácticas co que pretendemos chegar aos cidadáns para que estes tamén leven a cabo unha mellor xestión dos residuos nas vacacións de verán.

Ver noticia

(18.07.2017) A Xunta investirá case 500.000 euros no Parque Natural do Xurés.

 
  • Co obxecto de garantir a súa conservación e a valorización, a Xunta de Galicia investirá este ano cerca de 500.000 euros no Parque Natural do Xurés.
  • O investimento afectará a seis concellos do enclave do Xurés, sendo o de Lobios no que se realizará a maior inversión.

Ver noticia

(10.07.2017) Axudas para a rehabilitación de fachadas e cubertas.
 

  • A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, publica as seguintes  axudas económicas, co obxecto de  fomentar a rehabilitación con granito das fachadas  e a renovación de cubertas con tella cerámica de edificacións de vivenda existentes e contribuír a embelecer o tecido construtivo galego cun material de fácil colocación e respectuoso co ambiente á vez que se mellora a eficiencia enerxética.

Ver noticia

(27.06.2017) A Casa Niño de Lobios "Os paxariños do Xurés", seis meses permitindo a conciliación familiar. 
 

  • Aberta en decembro do 2016, A Casa Niño de Lobios "Os paxariños do Xurés", conta con dez nenos repartidos en quendas de mañá e tarde.
  • Este servizo, permite ás familias a conciliación da súa vida familiar e laboral, evitando desprazamentos a garderías doutras localidades como viñan sendo Muíños ou Bande.

Ver noticia

(25.06.2017) Lobios estivo presente na constitución da Xunta Directiva do Proxecto Raia Termal
 

  • O Concello de Lobios, representado pola nosa Alcaldesa, estivo presente na Constitución da Xunta Directiva do programa "Raia Termal - I destino II países", programa financiado con fondos comunitarios para desenvolvemento do plan Ourense, provincia termal"
  • O programa RAIA TERMAL, creará unha rede de cooperación entre os concellos de Lobios, Bande, Cortegada, Lobios e Muiños coas cámaras do  norte de Portugal para potenciar o termalismo.

Ver noticia

(24.06.2017) A Xunta de Galicia rehabilitará o firme da OU-312

 
  • O pasado 16 de xuño, publicóuse no Diario Oficial de Galicia a licitación, por parte da Xunta de Galicia, das obras,  de rehabilitación do firme nas áreas máis danadas da estrada OU312 de Lobios, entre outras intervencións a realizar en diferentes concellos da provincia.
  • O investimento orzamentado ascenderá, no que afecta ao noso concello, a cerca de 240.000 €, dispostos pola Concellería de Infraestruturas e Vivenda. 

Ver noticia

(21.06.2017) Mellora dos accesos e aparcadoiro na zona do balneario

  • Nestes días están a levarse a cabo traballos de mellora no firme do viario de acceso á zona do balneario.
  • A intervención consiste en achega de aglomerado á estrada, pintado da mesma e delineación das prazas de aparcadoiro.
  • Unha vez, finalizados, instalaranse as cabinas de aseos, nas inmediacións da zona termal.

Ver noticia

(21.06.2017) Ampliación do sinal de telefonía móbil nalgúns pobos do concello

 
  • O Concello de Lobios, ten no seu ánimo de achegar a toda a poboación, o servizo de telefonía móbil, o que considera unha prioridade de máximo interese.
  • Neste momento, os pobos de San Paio, Puxedo, Prencibe e Esperanzo, carecen dun servizo de calidade, que se está a tratar de resolver.

Ver noticia

(21.06.2017) O Servizo de pediatría no verán quedará cuberto.
 

  • Ante as noticias que circulan por diferentes medios, facemos extensiva a comunicación do Sergas, ao respecto do servizo de pediatría durante o verán.

Ver noticia

(10.06.2017) Novas varandas á beira da Casa Niño

 
  • Novos traballos de acondicionamento na contorna da Casa Niño. Nesta ocasión coa colocación de varandas a súa beira, co ánimo de aumentar a seguridade e a estética da zona.

Ver noticia

(28.05.2017) Xurés Experiences 2017

 
  • Ata o mes de outubro, nunha paraxe tan atractiva como é a serra do Xurés, desenvolveranse unha serie  actividades lúdico deportivas que se converterán en experiencias únicas.
  • Andainas, Trail,  BTT, rutas  a cabalo, serán algunhas das propostas que unen a práctica deportiva co goce da natureza.

Ver noticia

(27.05.2017) Novos asentos nas instalacións deportivas

 
  • O campo de fútbol e o polideportivo xa contan con novos asentos nas gradas, para maior comodidade dos usuarios.

Ver noticia

(25.05.2017) Bono CONCILIA: Aberto o prazo para solicitar as axudas para escolas infantís particulares. (Procedemento BS403A

 
  • Convocatoria para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, para a atención educativa de nenas e nenos de 0 a 3 anos, nas modalidades establecidas no artigo 4.2, en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono Concilia (procedemento BS403A),  para o curso 2017/18.
  • Prazo de presentación de solicitudes: 25/05/2017 - 26/06/2017

Ver noticia