Noticias

(18.11.2020) Mellora do camiño á capela de Santa Marta de Grou

  • Achegamos imaxes do resultado das obras realizadas no camiño á capela de Santa Marta de Grou 
  • A intervención permitiu mellorar o firme e ampliar o ancho da vía, mellorando a accesibilidade

Ver noticia

(18.11.2020) Procedemento Bolsa de Emprego Temporal de Auxiliares de Axuda no Fogar 

 
  • Resolución de nomeamento dos  membros da Comisión de Valoración da bolsa de emprego temporal de conformidade coas bases que rexen a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego temporal de auxiliares de axuda no fogar, mediante concurso de méritos, período 2020/2022. Ler resolución
  • Ver todas as publicacións respecto ao procedemento no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do concello

Ver noticia

(18.11.2020) Obras no acceso aos portos de San Paio
 

  • Iniciadas as obras de mellora de acceso aos portos de San Paio.
  • Esta intervención entra dentro dos proxectos da Consellería de Medio Rural para ampliar, acondicionar e conservar a rede de vías de titularidade municipal, co  obxecto de mellorar a calidade de vida da poboación do rural e facilitar a accesibilidade nas actuacións de defensa contra os incendios forestais.. 

Ver noticia

(17.11.2020) Compostaxe doméstica por SOGAMA

 
  • Compartimos   vídeo de Sogama sobre compostaxe doméstica, co que dan a coñecer a técnica a aplicar para obtener un compost de boa calidade a partir da materia orgánica xerada no fogar e divulgan os seus beneficios ambientais, económicos e sociais.
  • Sinopse: Nunha contorna de imaxes reais combinadas con debuxos animados, a cinta está protagonizada por Lola, unha nena de 8 anos, e o seu pai Xoán, que habitan nunha vivenda unifamiliar do rural galego. Dado que no colexio de Lola instalarase un composteiro para que o alumnado aprenda a transformar os restos orgánicos en abono natural, a pequena pide ao seu pai que lle explique o proceso.

Ver noticia

(17.11.2020) Proxecto EXTRAORDINARIAS. Formación en marketing dixital para emprendedoras do rural. 

  • Aberto o prazo de inscrición para actividades de formación, con metodoloxía virtual, en marketing dixital dirixidas a mulleres emprendedoras de zonas rurais  co fin de potenciar ideas e negocios activos que están xerando valor e economía local para impulsalos a nivel local.
  • Os talleres, de carácter gratuíto,  a realizarse entre os meses de novembro e decembro de 2020, servirán  para poder analizar o potencial de transformación dixital dos negocios e dar visibilidade ás empresas mediante tres módulos (nivel básico, intermedio e avanzado).

Ver noticia

 

(16.11.2020) Novos títulos na bibliteca de Lobios

 
  • A biblioteca municipal de Lobios, integrada na rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, ven de recibir novos libros que incrementan a oferta bibliográfica para todos os seus socios. 
  • A adquisición destes novos exemplares realízase con cargo a unha subvención solicitada e recibida da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Ver noticia

(11.11.2020) "Protéxete pero non cales"

 
  • O Concello de Lobios pon en marcha unha campaña de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
  • A campaña, denominada "PROTÉXETE PERO NON CALES" está dirixida a toda a poboación do Concello e inclúe a distribución de máscaras reutilizables con esta mensaxe, así como tamén a realización de distintos obradoiros para os mais pequenos e representacións artísticas no centro educativo.

Ver noticia

(30.10.2020) Intervencións  para a recuperación do Xurés
 

  • As zonas afectadas polo lume do pasado verán acollen  a varias brigadas  que se afanan en crear barreiras e estruturas naturais que freen o avance das augas pluviais.
  • Estas intervencións, executadas pola Confederación Hidrográfica, pretenden evitar que as  cinzas e restos calcinados polo lume cheguen aos leitos dos ríos, regatos e mananciais, protexéndoso  da contaminación e taponamento .

Ver noticia

(24.10.2020) A conselleira de Política Social visita a casa niño de Lobios 

  • Fabiola García, conselleira de Política Social  e Jacobo José Rey, subdirector xeral,  visitaron onte a casa niño de Lobios acompañados de Mari Carmen Yáñez, a nosa alcaldesa.
  • Nesta visita a conselleira destacou a importancia destes centros infantís como recurso para conciliación das familias axudando ao asentamento destas no rural. 
  • A casa niño de Lobios, inaugurada hai case catro anos, que dá cobertura a dez cativos,   é o resultado dunha grande aposta deste Concello, que traballou arreo ao carón da Consellería de Política Social, para facer realidade un servizo moi demandado pola nosa poboación.  

Ver noticia

(21.10.2020) Orden del 21 de outubre de 2020. Medidas de prevención específicas. 

 

  • Extracto de las medidas de prevención de la expansión del Covid19 publicadas en la orden del 21 de octubre de 2020 por la Xunta de Galicia
  • Período de aplicación: 14 días naturales desde el 22 de octubre.
 

Ver noticia

(24.09.2020) En marcha un plan de recuperación do Xurés

 
  • No día de onte recibimos a visita de  Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, que quixo coñecer de primeira man o impacto que o lume causou no Xurés, e que danou gran extensión do parque natural.   
  • Coa colaboración da súa consellería, a consellería de Medio Rural,  mailos concellos afectados, constituíuse unha comisión de traballo para elaborar un plan de recuperación da vexetación, para a súa repoboación e rexeneración natural, e do solo, con estudios específicos  para evitar ou ralentizar a súa erosión.

Ver noticia

(24.09.2020) Iniciadas as obras da pasarela  de Riocaldo
 

  • Deuse inicio ás obras dunha nova pasarela peonil na localidade de Os Baños de Riocaldo, que mellorará as comunicacións entre as dúas marxes do río e proporcionará un mellor servizo para veciños, visitantes e usuarios da área fluvial e termal.
  • Proxecto  executado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil,  dentro da operación Raia Termal incluída no Interreg V-A España-Portugal (POCTEP), financiado con fondos FEDER.

Ver noticia

(21.09.2020) Mellora da senda peonil en A Cela

  • Ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de  desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT724A) (DOG nº 151 do 9 de agosto de 2019),  o concello de Lobios realizou a obra de “Mellora da senda peonil, en A Cela”
  • Esta actuación cun investimento aprobado de 39.047,16 euros recibíu unha axuda de 28.237,05 euros e, foi financiada integramente con cargo á submedida 7.6 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR), cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 75%.

Ver noticia

(18.08.2020) Escolas de empoderamento

  • Trátase dun espazo de encontro pensado para acoller, informar, axudar e orientar as mulleres en especial vulnerabilidade, ao longo de 20 obradoiros de entre 60 e 90 minutos de duración, a realizar durante os meses de agosto e setembro  e parte de Outubro de 2020.Trátase de sesións nas que as participantes traballarán a súa autoestima, coa risa, o baile e a relaxación como principais antídotos para os problemas emocionais e do estado de ánimo. 

Ver noticia

(30.07.2020) Medidas de prevención en relación coa chegada a Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

 
  • Medidas de prevención establecidas na ORDEN de 27 de julio de 2020  para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios. Ver cartel.   

Ver noticia