Noticias

(29.02.2024) Tarefas de limpeza na localidade de Riocaldo
  • Realizadas tarefas de limpeza na estrada e beirarrúas na localidade de Riocaldo.
    Unha intervención  máis que se suma ás que vimos realizando dende o concello,  co obxecto  de manter en bo estado a nosa contorna e facilitar a accesibilidade de peóns e vehículos.

Ver noticia

(24.02.2024) Mantemento na contorna das piscinas e do pavillón polideportivo

 
  • Os alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego, realizaron nas últimas xornadas, traballos de sega, limpeza e  mantemento xeral na contorna das piscinas e pavillón polideportivo.
  • No Obradoiro de Emprego, aprenden as técnicas da profesión que tamén  poñen en práctica, desenvolvendo distintos proxectos  de rehabilitación e mantemento do patrimonio dos concellos participantes.

Ver noticia

(23.02.2024) Día de Rosalía

 
  • O CEIP do Xurés, celebrou o Día de Rosalía, cun acto de conmemoración, con motivo da efeméride do seu nacemento.

Ver noticia

(14.02.2024) Imaxes do ENTROIDO de Lobios

  • Galería de imaxes do desfile e festa de entroido de Lobios, que contou cun alto número de participantes e agrupacións representando diferentes temáticas cos seus disfraces .

Ver noticia

(23.01.2024) Mellora na estrada OU1212 en Grou

 
  • Os traballos realizados pola Deputación de Ourense na estrada OU-1212, ao seu paso pola localidade de Grou, interviron no seu firme e ampliárona, mellorando o tránsito de vehículos e a seguridade destes e dos viandantes.

Ver noticia

(22.01.2024) Entroido en Lobios

  • Achegamos o programa do Entroido, no que as tradicións  ancestrais, terán un papel protagonista. Como exemplo,  o percorrido dos Follateiros e os Cabreiros, ou o baile da Sanrela cos danzantes de Vilameá e A Devesa.

 

  • Os máis cativos e cativas das Casas Niño, Os Paxariños do Xurés e o Rincón Máxico, conxuntamente cos alumnos  do CEIP do Xurés,  terán o seu propio desfile, o venres, día 9.

 

  • O martes de Entroido, 13 de febreiro, concurso de disfraces e gran desfile coas agrupacións e participantes individuais, pola Travesía de Lobios, coa amenización da Charanga Bicoia.

Ver noticia

(20.01.2024) Humanización en Cima de Vila de Grou

 
  •  Tras os traballos de  humanización realizados,  Cima de Vila en Grou, conta con mellor accesibilidade e   harmonización do seu núcleo.
  • Súmase a un  proxecto global, de mellora  elementos urbanisticos,  medioambientais e turísticos,  que estamos a  desenvolver en distintas fases e en distintas localidades do noso municipio.
  • Esta intervención contémplase dentro do convenio de colaboración asinado recentemente pola vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Lobios, Mari Carmen Yáñez.

Ver noticia

(20.01.2024) Limpeza zona Paraño

 

  • Estrada e beirarrúas da área de Paraño veñen de ser limpados e  da vexetación que medraba no seu traxecto.
    Unha intervención máis dentro do programa do Concello de Lobios  para facilitar as comunicacións nas vías e accesos municipais.

Ver noticia

(27.12.2023) Convenio para urbanizar en Cima de Vila (Grou)

 
  • A Xunta de Galicia inviste preto de 40.000 euros nas obras de urbanización dunha rúa en Cima de Vila, para mellora na accesibilidade e na imaxe da contorna.
  • Esta intervención contémplase dentro do convenio de colaboración asinado recentemente pola vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Lobios, Mari Carmen Yáñez.

Ver noticia

(15.12.2023) O campo de fútbol de Lobios contará con céspede artificial
 

  • A Deputación de Ourense  cofinanciará o proxecto de mellora do campo de fútbol de Lobios onde se procederá á instalación de céspede artificial.
    Este proxecto é froito de negociacións complexas, iniciadas coa anterior presidencia do ente provincial, na que interveñen varias administracións: Xunta de Galicia, Deputación e concellos.

Ver noticia

(07.12.2023)  Programa de Nadal en Lobios
 

  • Obradoiros, concerto, feira, festa infantil, concursos, visita a Pazolandia, cabalgata de Reis ... este Nadal, goza en Lobios con todas as actividades que temos programadas.
  • Os obradoiros, están dirixidos a nenos/as de 4 a 12 anos.  Para inscribirse deberase achegar este formulario debidamente cuberto, ata o  22 de decembro.. Prazas limitadas. Orde preferente, empadroados/as no concello.
Agardámoste en Lobios!!!

Ver noticia

(05.12.2023) Susana Seivane elixe Lobios para o seu  último traballo audiovisual

  • A popular gaiteira galega, Susana Seivane, culminou a gravación do seu máis recente videoclip, "NON É NON", no senlleiro pobo de Aceredo.
  • O videoclip foi dirixido polo actor e director Rubén Riós a través da súa produtora Claqueta Coqueta.
  • O diñeiro recadado durante o primeiro ano de visualizacións será destinado apoiar a unha organización adedicada a mulleres vítimas de violencia de xénero.

Ver noticia

(25.11.2023) Lobios contará cun novo médico de familia.

 

  • O xerente da área sanitaria de Ourense, Félix Rubial, e o delegado territorial da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, mantiveron, no día de onte, unha reunión, coa nosa rexedora, Mari Carmen Yáñez, para trasladarlle que Lobios contará próximamente cun novo médico de familia asignado ao Centro de Saúde do noso concello.
     
  • No encontro, tamén analizaron a intervención realizada no centro de saúde, colaborada polo noso concello e a Consellería de Sanidade, que permitiu a mellora da climatización, coa instalación de bombas de calor e estores aillantes térmicos, para manter unha temperatura óptima no interior das instalacións.

 

 

Ver noticia

(24.11.2023) Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero

 
  • A Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, é un encontro de  diversas instancias do ámbito municipal, educativo, social, de seguridade...  para a análise, definición, coordinación, seguimento e avaliación de estratexias e liñas de acción no tocante á loita contra as violencias machistas.
  • No día de hoxe, celebrouse no noso concello, a primeira mesa local,  que contou coa participación da educadora social, o director e a orientadora do CEIP O Xurés, o cabo do posto da Garda Civil de Lobios e un membro dese mesmo organismo, integrante do equipo de violencia de xénero da compañía de Celanova.
  • O vindeiro 30 de novembro, é a data establecida para a segunda mesa para dar continuidade a este proxecto de coordinación institucional.

Ver noticia

(20.11.2023)Aprendendo ao redor do  Camiño San Rosendo - Rainha Santa

 
  • O pasado sábado, no Multiusos de Lobios, o investigador Manuel Rivero, ofreceu unha charla sobre sobre o Camiño San Rosendo - Rainha Santa.
  • Un evento para divulgar e poñer en valor este milenario percorrido de peregrinacion portugués que entra en Ourense por Portela de Home, a través dos  concellos de Lobios, Muíños, Bande, Lobeira, Verea, Celanova, A Merca e San Cibrao, enlazando coa  Vía da Prata para chegar a Compostela.

Ver noticia